Se abre en una pestaña nueva

Dirixido a: Mulleres coidadoras, ex coidadoras e potenciais coidadoras, que estean en risco de desactivación ou inactivas en xeral que levan moito tempo apartadas do mercado laboral e da participación social pola súa dedicación á familia.

Prazas dispoñibles: 15

Contido: Abordaranse temáticas tanto para mellorar o teu empoderamento persoal como a túa activación social e/ou laboral, sempre adaptadas ás necesidades que vaian xurdindo no grupo.

¡Anímate a participar!

Podes inscribirte a través do seguinte FORMULARIO

Se precisas máis información ou estás interesada en participar neste itinerario en A Laracha, podes contactar connosco a través do teléfono 981 29 40 97 (ext. 6006).  

Esta actividade está cofinanciada pola Deputación de A Coruña e enmárcase no SAIC no medio Rural 2025.